Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior

Preguntas frecuentes

 

Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.

Borrar palabras clave
Todas
Propiedade Industrial
Marcas e nomes comerciais
Marcas colectivas e de garantía
Proba de uso
Marcas internacionais
Transformacións
Patente nacional e modelo de utilidade
Certificado complementario de protección
Patente europea e validación
Solicitude internacional PCT
Restablecemento de dereitos
Transmisións e licenzas
Tasas
Xestión e valoración de patentes
Representación
Axentes da propiedade industrial (API)
Exame de Cualificación Europeo (EQE)
Representación e Brexit
Clasificacións
Nulidade e caducidade de marcas e nomes comerciais
Indicacións xeográficas

A Lei española de patentes 11/1986 recolle nos seus artigos 133 a 139 todo o relativo ás medidas preventivas.

Debe terse en conta que la xurisprudencia española esixe tres requisitos para adoptar medidas preventivas:

— verosimilitude do dereito (fumus boni iuris)

— perigo na demora (periculum in mora)

— outorgamento de caución

Con carácter xeral, a nosa lexislación establece que a carga da proba incúmbelle ó demandante (art. 217.2 da lei de axuizamento civil, lei 1/2000).

Con todo, en determinados casos prodúcese a inversión da carga da proba, é dicir, esta recae no demandado.

Así, no suposto previsto no artigo 61.2 da lei de patentes (lei 11/1986), se unha patente ten por obxecto un procedemento para a fabricación de produtos ou substancias novos, presúmese, salvo proba en contrario, que todo produto ou substancia das mesmas características foi obtido polo procedemento patentado.Isto é, o demandado deberá probar que o produto foi obtido a través dun procedemento distinto do patentado.

O dereito concedido pola patente non protexe exclusivamente a invención reivindicada, senón tamén os chamados equivalentes, isto é, para determinar a protección non só se ten en conta o contido das reivindicacións, apoiado pola descrición e os debuxos, senón tamén o que se considere equivalente: un medio considérase equivalente se ten a mesma función, modo e resultado.

Existen diferentes tipos de axudas concedidas por diversos organismos públicos e comunidades autónomas. A xestión destas axudas é competencia de cada un dos organismos. Co fin de facilitar o acceso a esta información, na páxina web da OEPM incluíuse unha sección na que se resumen as características principais das devanditas axudas e se ofrece información de contacto para cada un dos organismos públicos responsables da súa xestión (ver apartado “Axudas e subvencións”).

Por outra parte, a OEPM permite o aprazamento do pagamento para solicitantes con baixos ingresos, considerándose como tales aquelas persoas cuxos ingresos non superen o cuádruplo do salario mínimo interprofesional ou cuxos ingresos sumados aos do seu cónxuxe non superen o dobre do salario mínimo interprofesional. Nestes casos, é posible solicitar que lles sexa concedida a patente sen necesidade de satisfacer taxas de ningunha clase durante os tres primeiros anos, polo que resarcirán nos anos sucesivos as cantidades que deixaran de aboar.

Dende o ano 2007 a OEPM dispón tamén dun programa de subvencións para axudar os solicitantes de modelos de utilidade, de patentes nacionais, europeas ou internacionais. Estas axudas concéntranse nos custos de tradución e as taxas que hai que pagar nas diferentes oficinas nacionais ou rexionais para obter unha patente, sempre e cando reúnan os requisitos que establece a convocatoria que se publica anualmente no BOE. Na páxina web da OEPM é posible consultar toda a información relacionada con este programa de axudas.