Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior

Preguntas frecuentes

 

Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.

Borrar palabras clave
Todas
Propiedad Industrial
Marcas y Nombres Comerciales
Marcas colectivas y de garantía
Prueba de uso
Marcas internacionales
Transformaciones
Patente nacional y modelo de utilidad
Certificado complementario de protección
Patente europea y validación
Solicitud internacional PCT
Restablecimiento de derechos
Transmisiones y licencias
Tasas
Gestión y valoración de patentes
Representación
Agentes de la propiedad industrial (API)
Examen de calificación europeo (EQE)
Representación y Brexit
Clasificaciones
Nulidad y caducidad de marcas y nombres comerciales

Si. Deste xeito obtén unha data de presentación da solicitude o máis temperá posible fronte ao que a solicite posteriormente.

Os custos aproximados ata a concesión da patente son os seguintes (2015) (para coñecer as cifras exactas debe consultarse o apartado correspondente):

Patente nacional en España sen Exame Previo

800.

Patente nacional en España con Exame Previo

1.200.

Europea (status 2015) (sen incluír o custo de validacións e traducións)

5.000.

Europea (status 2015) (incluído o custo de validacións e traducións en 11 países)

aprox. 40.000

PCT (Fase Internacional sen Exame preliminar)

3.250.

As cantidades referidas sobre patente nacional inclúen un Informe do estado da técnica realizado por un examinador especializado na materia da invención reivindicada e unha posible emenda de defectos na solicitude. Este informe vai precedido dunha exhaustiva busca nun fondo documental de máis de 90 millóns de documentos de 70 países diferentes e diagnostica a novidade da patente solicitada.

O custo da patente europea refírese no primeiro caso aos gastos de procedemento dunha solicitude media sen incluír os gastos de validación e tradución. No segundo caso refírese a unha solicitude que busque a protección en 11 Estados e inclúe gastos de procedemento, validación e de tradución á lingua deses Estados. O 39% de gastos corresponden ás traducións.

O custo medio en euros do procedemento internacional PCT, que é un procedemento preliminar para presentar solicitudes de patente ata en 148 países (2015), non inclúe as taxas nacionais, que serán fixadas polas respectivas oficinas de patentes e cuxo pagamento é necesario para que a invención se protexa nos países designados. Só inclúe a fase internacional, que será continuada pola fase nacional de recoñecemento país a país previo ao pagamento das taxas que correspondan.

Nos custos descritos non se inclúen os pagamentos a Axentes da Propiedade Industrial.

Para coñecer os custos das solicitudes de patentes noutros países deberán consultarse as páxinas das oficinas de patentes correspondentes.

Dentro do portal innovaccess da Unión Europea é posible consultar un calculador de custos automatizado para a solicitude de patente nos países europeos (http://www.innovaccess.eu/cost-information).

O titular da patente está obrigado a explotala, ben en por si ou a través dunha persoa autorizada por el, mediante a súa execución en España ou no territorio dun membro da Organización Mundial do Comercio.

A explotación deberá realizarse dentro do prazo de catro anos dende a data de presentación da solicitude de patente, ou de tres anos dende a data en que se publique a concesión desta no "Boletín Oficial da Propiedade Industrial", con aplicación automática do prazo que expire máis tarde.

No caso de que a patente non sexa explotada poderá caducar.