Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.
Si, pódese usar a marca de forma distinta a como foi rexistrada, sempre que difira en elementos que non alteren de xeito significativo o carácter distintivo na forma na cal se rexistrara.
Para solicitar a renovación dun rexistro de marca debe solicitarse nos formularios habilitados para o efecto na nosa páxina web e aboar a taxa de renovación cuxo importe figura en TAXAS. Todo iso nos 6 meses anteriores á data na que expire o período para o que foi concedido o rexistro e os seis seguintes, neste caso aboarase unha recarga do 25% ou do 50% sobre o importe da taxa.
O trámite tamén pode efectuarse telematicamente, polo que se reducirá, neste caso, o importe da taxa nun 15%. Toda a información sobre procedementos e requisitos técnicos se encontra na nosa páxina web, dentro da pestana de marcas e nomes comerciais.
En España o dereito sobre a marca adquírese polo rexistro. O uso dos símbolos R (rexistrada), MR (marca rexistrada) ou TM non é obrigatorio e non proporciona unha maior protección xurídica. No entanto, pode servir para informar que un determinado signo é unha marca e previr así ós posibles infractores e falsificadores.
Os símbolos R e MR úsanse unha vez que a marca foi rexistrada, mentres TM denota que un determinado signo é unha marca.
En España, para indicar que un signo é unha marca, parece máis correcto utilizar (en xeral non se fai) a R de rexistrada ou MR de marca rexistrada.
Respecto do símbolo do «copyright», é completamente diferente á R de rexistrado. Os dereitos de propiedade intelectual e consecuentemente os dereitos de autor que xeran non se adquiren polo rexistro, senón pola súa creación e difusión pública. O organismo competente é o rexistro da propiedade intelectual e o símbolo advirte precisamente da protección de que goza esa creación intelectual.
Si. Os dereitos sobre unha solicitude, ou unha marca ou nome comercial son transmisibles por todos os medios recoñecidos polo dereito. Para que teñan efecto fronte a terceiros, os actos de transmisión deben ser inscritos na OEPM.