Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.
Dez anos dende a data da súa solicitude. Aos dez anos debe renovarse a marca e/ou o nome comercial. A marca e/ou o nome comercial poden renovarse indefinidamente.
A OEPM avisarao do vencemento do devandito prazo con antelación suficiente. É importante que comunique á OEPM calquera cambio de domicilio. É recomendable que sinale como medio de notificación preferente un enderezo de correo electrónico, dada a rapidez coa que recibirá calquera aviso por este medio.
A pesar do que se indicou anteriormente, debe terse en conta que aínda seguen en vigor algúns rexistros nacionais concedidos baixo a antiga lexislación de marcas, polo que, se a súa data de solicitude é previa ao 12 de maio de 1989, recoméndase consultar cos servizos de información da Oficina co fin de determinar a próxima data de renovación e pagamentos da súa marca ou nome comercial.
Si se trata de un mero error en el número de la clase, la OEPM lo modificaría de oficio. Si el error afectara también a los productos o servicios, la OEPM se lo comunicaría al solicitante para su subsanación.
Para localizar cal é a clase ou clases que mellor se axustan ao produto ou servizo que se quere rexistrar pode accederse, dentro da páxina de Internet da OEPM e no apartado Bases de Datos, Marcas e Nomes Comerciais, a unha aplicación informática (CLINMAR) que incorpora a Clasificación Internacional de Produtos e Servizos de Niza e a clasificación compartida polas oficinas europeas de marcas (Harmonizada)
Este sistema permite visualizar a definición das 45 clases de produtos e servizos, e dispón dun buscador por palabras que orienta sobre as clasificacións que poden empregarse para cada produto ou servizo (Niza ou Harmonizada).
Ao facer unha solicitude de marca poden protexerse tantas clases de produtos ou servizos como se queiran (ata 45, que é o nº total de clases existentes).Aínda que soamente é necesario facer unha solicitude, e utilizar un único impreso, debe terse en conta que por cada clase que se designe hai que pagar unha taxa de solicitude.