Respondemos todas aquellas dudas referentes a los diferentes procesos implicados en la propiedad industrial.
Debe procederse á cesión do rexistro, ben mediante documento público, ben mediante contrato entre as partes. A liquidación dos impostos que procedan deberá consultarse na Axencia Tributaria.
Posteriormente deberá solicitarse a inscrición da cesión á OEPM presentando o formulario de "solicitude de inscrición de cesión de signos distintivos" ao que deberá achegarse un dos seguintes documentos (a elección dos interesados):
- Copia do documento público que formaliza a transmisión.
- Impreso normalizado "documento de transferencia" debidamente completado e asinado por ambas as dúas partes.
- Impreso normalizado "certificado de transferencia" debidamente completado e asinado por ambas as dúas partes.
Os impresos normalizados obtéñense en Formularios
A solicitude de inscrición de cesión está suxeita ao pagamento dunha taxa que se establece cada ano (ver publicación de taxas anuais).
Si. Os dereitos sobre unha solicitude, ou unha marca ou nome comercial son transmisibles por todos os medios recoñecidos polo dereito. Para que teñan efecto fronte a terceiros, os actos de transmisión deben ser inscritos na OEPM.
Si. O solicitante pode ser unha persoa natural ou xurídica, tamén poden ser titulares unha pluralidade de persoas.
O prazo para presentar oposicións a unha solicitude de rexistro de marca é de dous meses contados dende a data de publicación da devandita solicitude no B.O.P.I.
As que se presentan directamente na OEPM tardan unha semana aproximadamente en gravarse e as presentadas noutros organismos competentes en prazo, pero fóra da OEPM, de acordo coa data de recepción, deben recibirse e posteriormente gravarse, o que supón que en ocasións transcorran algúns días máis ata a súa constancia na base de datos.