Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes propiedade industrial

Os proxectos de deseño non son competencia da Oficina Española de Patentes e Marcas. Este tipo de creacións protéxense como dereitos de autor con copyright. O Organismo competente é o Rexistro da Propiedade Intelectual.

De maneira xeral este tipo de servizos realízanse mediante contratos entre as partes. É recomendable consultar cun avogado especialista os termos do contrato que vaian asinar as partes interesadas.

El artículo 4 de la Ley de Patentes excluye específicamente del concepto de patentabilidad "los planes, reglas y métodos, etc. para el ejercicio de actividades económico-comerciales..." En la Oficina Española de Patentes y Marcas no pueden protegerse las ideas de negocio al no tratarse de invenciones de aplicación industrial, es decir, aparatos, mecanismos, instrumentos, productos, etc. que se fabriquen en una industria.

Neste tipo de creacións só se podería protexer como marca o nome do programa, concurso ou xogo. Pero as regras ou o formato non, e a protección habería que buscala a través das normas de Propiedade Intelectual.

En España, a Propiedade Industrial protexe todas as creacións que están relacionadas coa industria: patentes e modelos de utilidade, signos distintivos e deseños.

Pola contra, a Propiedade Intelectual resérvase para a protección das creacións do espírito nas que queda plasmada a personalidade do autor, tratándose de creacións únicas e non producidas industrialmente ou en serie.

As devanditas creacións poden ser obras literarias e artísticas como as novelas, poemas e obras de teatro, películas, obras musicais, obras de arte, debuxos, pinturas, fotografías e esculturas ou deseños arquitectónicos, así como as regras para xogos e os programas de ordenador.

Para cada unha delas existen leis diferentes e os organismos encargados da súa xestión son tamén distintos: a Oficina Española de Patentes e Marcas intervén no recoñecemento dos dereitos de propiedade industrial e o Rexistro da Propiedade Intelectual no dos dereitos de propiedade intelectual.

A organización e enderezos do Rexistro da Propiedade Intelectual poden consultarse aquí.