Ministerio de Industria, Turismo y Comercio LogoMinisterior
 

Preguntas frecuentes propiedade industrial

  • MINCOTUR: Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.
  • OEPM: Oficina Española de Patentes y Marcas
  • EPO: Oficina Europea de Patentes
  • EUIPO: Oficina de Propiedad Intelectual de la Unión Europea
  • OMPI: Organización Mundial de la Propiedad Intelectual

As cuestións expostas non son competencia da Oficina Española de Patentes e Marcas.

As respectivas lexislacións de propiedade industrial para patentes, signos distintivos e deseño industrial establecen o alcance da protección que estes dereitos lle outorgan ao seu titular e as accións xudiciais que o titular pode exercitar contra calquera que viole o seu dereito (ver en http://www.oepm.es/gl/propiedad_industrial/Normativa/).

Posto que son os tribunais ou o acordo entre as partes os que deben decidir nestes conflitos, suxírolle contacte cun axente da propiedade industrial ou un avogado especialista na materia

Non atopar a marca, a patente ou o deseño nas bases de datos da OEPM non garante que non exista nada semellante, pois a consulta puido ser realizada de xeito incorrecto.

Ademais a concesión dun dereito de propiedade industrial está supeditada a que a solicitude cumpra os requisitos legalmente establecidos, polo que en ningún caso é posible asegurar a priori a concesión dun dereito de propiedade industrial.

Antes de presentar unha solicitude cómpre realizar unha busca para comprobar que a creación que se quere rexistrar non está xa protexida.

As buscas pódense realizar empregando as bases de datos de acceso gratuíto que ofrece a OEPM, ou empregando os servizos de pagamento que realiza esta oficina.

Para obter información sobre estes servizos de pagamento é aconsellable poñerse en contacto coa OEPM ou visitar a súa páxina web.